Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 66 kV de 9.805 m de lonxitude, coa orixe no parque eólico de Serra de Outes ata o apoio nº 35, seguido dun tramo subterráneo de 190 m de
lonxitude e final na subestación de Mazaricos, no termo municipal de Mazaricos (expediente 1/2003), por resolución desta delegación provincial con data do 11 de setembro de 2003, a favor da entidade beneficiaria Energías Ambientales EASA, S.A. con enderezo na r/ José Luis Bugallal Marchesi, 20-1º ezqda., 15008 A Coruña.
Esta delegación acorda sinala-los días 29, 30 e 31 de outubro de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso por producción de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, BOP e no xornal Ideal Gallego de datas 23-9-2003 e 27-9-2003 respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles a data e horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello ás 13 horas de cada día.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 30 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

