De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potes
tade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
Lugo, 5 de setembro de 2003.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-113/2003.
Denunciado: Miguel Ángel Rodríguez Pacios.
DNI: 10044621.
Enderezo: avda. La Martina, nº 35. Ponferrada, León.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana, empregando un cebo legal (cebo natural-coco), pero non autorizado para a masa de auga na que se atopa. Feitos constatados o día 19-7-2003, ás 10.42 horas, no río Sil (á altura da ponte nova que une San Clodio con Quiroga). San Clodio, Lugo.
Precepto sancionador: art. 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación: leve.
Sanción: 60,10 euros.

