Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 382 de cualificación do monte Souto do Outeiro, pertencente ó lugar de Outeiro, parroquia de Carcacía, concello de Padrón.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 382, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Expediente: 382.

Monte: Souto do Outeiro.

Comunidade: lugar de Outeiro.

Parroquia: Carcacía.

Concello: Padrón.

Superficie: 0,24 ha.

Lindeiros:

Norte: muíño, predio de Carmen Carneiro, predio de Hdros. de José Sánchez e muro. Leste: predio de José Carneiro. Sur: muro. Oeste: predio de José Carneiro e muíño.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 22 de xullo de 2003, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 22 de xullo de 2003.

Ana María Díaz López

Secretaría do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor