Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 381 de cualificación do monte de Beiro, pertencente ó lugar de Beiro, parroquia de Argalo, concello de Noia.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expe-

diente nº 381, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Expediente: 381.

Monte: de Beiro.

Comunidade: lugar de Beiro.

Parroquia: Argalo.

Concello: Noia.

Superficie: 18,17 ha.

Lindeiros:

É parte do monte San Lois e Armada, nº 190 do CUP.

Parcela I. Superficie 16,47 ha.

Norte: monte veciñal da parroquia de Obre, desde o piquete 114 do deslindamento do monte San Lois e Armada, situado no lugar denominado Campo Grande, en liña recta á Pedra Lada, e desta ó piquete 27 do deslindamento. Leste: predios de veciños de Beiro, do piquete 27 ó 63, seguindo a orde de piquetes. Sur: predios de veciños de Beiro, do piquete 63 ó 82, seguindo a orde de piquetes. Oeste: monte Armada e Buxain, da parroquia de Camboño, concello de Lousame, e monte Recobo, da parroquia de Miñortos, concello de Porto do Son, do piquete 82 ó 112, e deste ó 114, seguindo a orde de piquetes.

Parcela II. Superficie 1,70 ha.

Norte, leste, sur, oeste: con predios de veciños de Beiro, do piquete 288 ó 308 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 288.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 22 de xullo de 2003, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 22 de xullo de 2003.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor