Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 385, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:
Expediente: 385.
Monte: Barrigoso.
Comunidade: lugar de Casais Pequeno.
Parroquia: Vimianzo.
Concello: Vimianzo.
Superficie: 27,31 ha.
Estremas:
Norte: muros e formais de pedra que delimitan predios do Arcebispado de Santiago de Compostela, predio Tras da Cruz, predios de Manuel Lavandeira, Nieves Rama e outros propietarios particulares. Leste: formais de pedra que delimitan predios de Teresa Martínez, Plácido Ramos e outros propietarios particulares. Sur: muros de pedra que delimitan os predios de Ermelinda Esmorís, Bonificación Pérez e outros propietarios particulares, camiño ó monte de Xan. Oeste: muros de pedra que delimitan predios de Francisco Gándara, Esperanza Torrado e outros propietarios particulares.
Corresponde coa parcela 136 do polígono 12 do plano catastral da zona de Vimianzo. No expediente consta plano do monte e coordenadas UTM de descrición das súas estremas.
En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 22 de xullo de 2003, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.
A Coruña, 22 de xullo de 2003.
Ana María Díaz López
Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
Visto e prace
Alfonso Vázquez-Castro Garma
Instructor

