Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores de montes relacionados no anexo e de referencia OU-39/03 M e OU-40/03 M, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei de montes, do 8 de xuño de 1957, e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación, desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, participándolles que teñen á súa disposición o expediente para examinalo, de conformidade co establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Montes e Industrias Forestais desta consellería (Orde da Consellería de Medio Ambiente do 16 de xullo de 2003), de acordo co artigo 452 do Regulamento da Lei de montes.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 19 de setembro de 2003.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace,

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente, nº/ano: OU-039/03 Montes.

Denunciado: Maderas Acaf, S.L.L.

CIF: B-27280833.

Último enderezo coñecido: avenida de Galicia nº 52, Monforte de Lemos (Lugo).

Feito denunciado: superar con amplitude o prazo de vinte días sen ter acreditados os ingresos correspondentes ó aproveitamento do lote de madeira nº 32123, relativo ós montes Meda e Montouto 321/5585 adxudicado na poxa da data 17-2-2003.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 423 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Sanción euros: 1.355,50 euros.

Expediente, nº/ano: OU-040/03 Montes.

Denunciado: Maderas Acaf, S.L.L.

CIF: B-27280833.

Último enderezo coñecido: avenida de Galicia nº 52, Monforte de Lemos (Lugo).

Feito denunciado: superar con amplitude o prazo de vinte días sen ter acreditado os ingresos correspondentes ó aproveitamento do lote de madeira nº 32124 relativo ó monte comunal de Rebordondo 321/55145 adxudicado na poxa de data 17-2-2003.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 423 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Sanción euros: 829,85 euros.