De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).
Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.
De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da
potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver estes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós interesados, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.
Para resolve-los expedientes é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería.
De conformidade co artigo 8 do RP o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.
Ourense, 22 de setembro de 2003.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-043/03-P.
Denunciado: Norberto Carlos Gómez Barbosa.
Último enderezo coñecido: Tábora, s/n, Arcos de Valdevez, Portugal.
Feito denunciado: pescar sendo titular da licencia cando non se leve consigo xunto con documento acreditativo da súa identidade.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia.
Sanción: 60,10 A.
Expediente: OU-PES-2003-0089.
Denunciado: José Ángel González García.
DNI: 09358362-F.
Último enderezo coñecido: r/ Manuel Martínez Sueiro, 13-4º B, 32005 Ourense.
Feito denunciado: pescar sen levar consigo a licencia de pesca. Negarse a entrega-la cana.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia.
Sanción: 60,10 A.
Expediente: OU-PES-2003-0094.
Denunciado: Alcino do Nascemento das Neves.
DNI: 09326276.
Último enderezo coñecido: Aguas Frías, Chaves, Portugal.
Feito denunciado: pescar sen licencia.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia.
Sanción: 300,51 A, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

