Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta Delegación Provincial de Pontevedra, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.
Expediente nº: 413/2003.
Acta nº: 669/2003.
Empresa: Viguesa de Peluquería, S.L.
DNI/NIF: B-36784429.
Enderezo: Esperanto, 2, baixo, Vigo.
Materia: laboral.
Proposta de sanción: 500 euros.
Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.
Vigo, 8 de setembro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

