De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha nova convocatoria pública (5ª) para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Cangas, polo período necesario para que se cubran tódalas prazas de amarre, ou Portos de Galicia decida pechar a convocatoria por razóns de interese portuario, e contado este desde o día 20 de outubro de 2003, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal,
37-3ª, 36001 Pontevedra.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2003.
Carlos Negreira Souto
Presidente do ente público Portos de Galicia

