Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente LU-14-01-03-02 e tres máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adiantamento do peirao interior de Mirasol-Ribadeo.

-Clave do expediente: LU-14-01-03-02.

-Orzamento base de licitación: un millón cento trinta e seis mil oitocentos doce euros con setenta e dous céntimos (1.136.812,72).

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría e.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: ampliación das instalacións náutico-recreativas en Ribadeo.

-Clave do expediente: LU-14-01-03-03.

-Orzamento base de licitación: un millón catrocentos corenta e dous mil novecentos trece euros con oitenta e catro céntimos (1.442.913,84).

-Prazo de execución: oito (8) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría e.

-División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: urbanización da explanada no porto de Sada.

-Clave do expediente: CO-12-13-03-02.

-Orzamento base de licitación: trescentos noventa e oito mil noventa e catro euros con cincuenta e dous céntimos (398.094,52).

-Prazo de execución: nove (9) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

-División por lotes: non hai.

d) Descrición do obxecto: adecuación dos accesos á nova terminal marítima de Cangas.

-Clave do expediente: PO-13-20-03-02.

-Orzamento base de licitación: douscentos noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con cincuenta e sete céntimos (299.999,57).

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 10 A-4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copy Nino; rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02 e 981 58 89 38.

c) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3169, 3170, 3171, e 3173.

6. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación, se é o caso: a esixida para cada contrato no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-A, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia