Intentada por este ente público a notificación de liquidacións por cánones de concesións ou autorizacións de ocupación de dominio público portuario ou por tarifas portuarias facturadas ó abeiro do Decreto 290/1986, do 18 de setembro, sobre tarifas que se aplicarán nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que por diversos motivos se puidera practica-la entrega destas ós interesados, por esta cédula notifícanse, cos datos e últimos enderezos coñecidos, os expedientes que no anexo se citan.
Contra estas liquidacións os interesados poderán interpor reclamación económico-administrativa no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta notificación, perante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Economía e Facenda), (artigo 88 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento
nas reclamacións económico-administrativas, BOE nº 72, do 23 de marzo de 1996).
Sen prexuízo da procedencia da dita reclamación, estas liquidacións poderán impugnarse, previa e potestativamente, en reposición perante este servicio; recurso que se interporá no prazo de quince días contados, así mesmo, desde o seguinte ó desta notificación, con advertencia expresa de que a súa interposición non poderá simultanearse, dado o seu carácter previo, coa reclamación económico-administrativa (artigos 1 e 4 do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo BOE nº 235, do 1 de outubro; corrección de erros no BOE nº 276, do 17 de novembro).
E para que conste e sirva de notificación ós correspondentes usuarios das instalacións portuarias de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publicada no BOE nº 12, do 14 de xaneiro de 1999, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.
Carlos Negreira Souto
Presidente do ente público Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Liquidación Tarifa ou canon Titular. Último enderezo coñecido NIF ou CIF Portos Período facturado Data de facturación Importe euros
02.0069 312.38.02.0033 E2 ocupación con madeira Mejilloneras Rodríguez, S.L. Apdo. de correos nº 99, 15250 Muros B15016553 Muros Xan-2002 Xan-2002 8,56
02.0716 012.30.02.0033 X4 pesca fresca Arrastreros Videlca, S.L. Mariño de Riveira, 13-1º B15515539 Camariñas Feb-2002 Feb-2002 15,50
02.1249 012.48.02.0133 E3 enerxía eléctrica Pesquera Rosaleda, S.L. Lustres Rivas 1, 3º I, 15960 Ribeira B15379084 Ribeira 1º trimestre 2002 Mar-2002 22,49
02.1256 012.48.02.0135 012.48.02.0145 E3 auga e enerxía eléctrica Pesquera Fonte da Area, S.A. Lustres Rivas 1, 3º I, 15960 Ribeira A15420144 Ribeira 1º trimestre 2002 Mar-2002 22,46
02.1260 112.48.02.0131 112.48.02.0132 112.48.02.0133 X1, X2, X3 buque Illas Sisargas Pesquera Malpica, S.L. Peirao de Oza, local 64. 15006 A Coruña B15776610 Ribeira Nov-2001 Mar-2002 486,99
02.1778 012.48.02.0317 E3 enerxía eléctrica Pesquera Rosaleda, S.L. Lustres Rivas 1, 3º I, 15960 Ribeira B15379084 Ribeira 2º trimestre 2002 Xun-2002 13,77
02.1779 012.48.02.0318 012.48.02.0325 E3 auga e enerxía eléctrica Pesquera Fonte da Area, S.A. Lustres Rivas 1, 3º I, 15960 Ribeira A15420144 Ribeira 2º trimestre 2002 Xun-2002 31,66
02.2760 012.21.02.0384 X4 pesca fresca Villar Souto, S.L. Edificio Arcoa 10-12, peirao leste, 15006 A Coruña B15377858 Laxe 6-8-2002 Ago-2002 34,01
02.3049 012.48.02.0558 012.48.02.0585 E3 auga e enerxía eléctrica Pesquera Fonte da Area, S.A. Lustres Rivas 1, 3º I, 15960 Ribeira A15420144 Ribeira 3º trimestre 2002 Set-2002 30,42
02.3284 012.30.02.0193 X4 pesca fresca Pesquera Gonzamar, S.L. Peirao do leste, dpto. de Armadores 13, Marín (Pontevedra) B36304731 Camariñas Set-2002 Set-2002 134,00
02.3289 012.30.02.0173 X4 pesca fresca Pesquerías Mar Loren, S.L. Calvo Sotelo, 99-2º D, 36900 Marín B36255925 Camariñas Ago-2002 Set-2002 70,00
02.3649 312.04.02.0360 E2 ocupación do dpto. nº 9G Jesús Pérez García, r/ Cordón s/n, 15350 Cedeira 76396394P Cedeira Set-2002 Set-2002 42,42
02.3758 312.04.02.0563 E2 ocupación do dpto. nº 9G Jesús Pérez García, r/ Cordón s/n, 15350 Cedeira 76396394P Cedeira Out-2002 Out-2002 43,83
02.4056 312.04.02.0584 E2 ocupación do dpto. nº 9G Jesús Pérez García, r/ Cordón s/n, 15350 Cedeira 76396394P Cedeira Nov-2002 Nov-2002 42,42
02.4225 012.03.02.0893 012.03.02.0896 012.03.02.0897 X1, X2 e E3 polo buque AC/005 Astilleros de Cariño, S.L. O Puerto s/n, 15360 Cariño B15811185 Cariño Dec-2002 Dec-2002 864,79
02.4226 312.13.02.0340 X5 embarcación deportiva Goshawk Jorge Lence Vázquez, A Torre, 4, 15300 Betanzos 79310781L Sada Do 16-11-2002 ó 31-12-2002 Dec-2002 31,38

