O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 31-7-2003, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente nº 60/2002.PMP de modificación puntual das normas no ámbito URME 1 comprendido entre as rúas Nicaragua e República do Salvador no núcleo urbano de Arteixo, tramitado por instancia de Roberto Rodríguez Aldao en representación de Construcciones Rodaroal, S.L.
Recursos:
-Contra este acordo poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).
-Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 LRX-PAC.
-Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 LXCA.
-Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición deste), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 LRX-PAC.
Arteixo, 25 de agosto de 2003.
María Isabel Vila Vilas
Alcaldesa en funcións

