O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 1 de setembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes e ordenar volumes de acordo coas especificacións do plan xeral, así como para completa-la rede de comunicacións do citado plan coa vía interior necesaria para proporcionar acceso ás edificacións resultantes, no ámbito do polígono de solo urbano non consolidado denominado Palavea I (código identificativo, H14.01), promovido pola comisión constituída para a xestión do polígono.
Segundo.-Notificarlle este acordo á comisión xestora da área e solicitar desta a presentación no rexistro xeral municipal, e no prazo máximo dun mes desde que reciban a notificación, de dous exemplares do estudio de detalle idénticos ós previamente presentados con data do 3 de xullo de 2003.
Terceiro.-Publicar este acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunicarlle a aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.
Cuarto.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle na súa integridade co selo de aprobación definitiva.
Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra este, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a noti
ficación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que considere pertinente.
O que se publica para xeral coñecemento.
A Coruña, 4 de setembro de 2003.
José Luis Méndez Romeu
Concelleiro delegado de Urbanismo

