De conformidade cos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, faise público, para as persoas que a continuación se relacionan, xa que intentada notificación persoal esta non puido ser practicada, que:
O Concello Pleno en sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2003, adoptou o seguinte acordo:
«O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:
1. Resolve-las alegacións formuladas ó PERI do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo, de conformidade cos informes técnicos do equipo redactor, dos que se dará traslado ós interesados para os efectos de motivación.
2. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Protección Reforma Interior do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo. E
3. Na fase de xestión do Plan estudiarase en cada unha das áreas de reparto a viabilidade económica para efectos de financiamento polo concello do exceso de custos de urbanización que nalgunha delas puidera producirse.
O que por ordes do alcalde-presidente lle notifico advertíndolle que o dito acto pon fin á vía administrativa.
Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación.
Contra a desestimación expresa do recurso de reposición, se se interpusese, ou ben directamente contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel no que recibe a presente notificación.
Non obstante, igualmente poderá utilizar calquera outro recurso que estime procedente.
Dolores González Casares.
José Fernández Santiso.
Indalecio Cid Álvarez.
César Pérez Freire.
Mª Carmen Temes Diéguez.
Selmira Sequeiros Tesouro.
Engracia Regueira Fernández.
Rita Temes.
Eladio Castro López.
Ignacio Delgado Gómez.
Ourense, 12 de setembro de 2003.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente

