De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de outubro de 2003, por medio da presente convócase a seguinte licitación, mediante procedemento aberto e o sistema de concurso e coa tramitación de urxencia, do proxecto de renovación de servicios na rúa Gran Vía.
1. Entidade adxudicadora:
1. Obxecto do contrato: as obras comprendidas no proxecto modificado de renovación de servicios na rúa Gran Vía.
Tipo de licitación: 172.480,47 euros, IVE incluído.
Prazo de execución: tres (3) meses.
2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
3. Garantías:
Provisional: 2% do prezo de licitación.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
4. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo G), subgrupo 6, categoría d).
5. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello de Sarria.
b) Domicilio: rúa Maior, 14.
c) Localidade e código psotal; 27600, Sarria.
d) Teléfono: 982 53 50 00.
e) Fax: 982 53 09 16.
6. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Presentación das ofertas:
Data límite de presentación de proposicións: trece (13) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación da licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.
Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.
Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria.
8. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da realización do acto de cualificación da docu
mentación que se realizará á súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás 13.30 horas, na Casa do Concello, rúa Maior, 14.
10. Gastos de anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario e ascenden á cantidade de 713,62 euros.
Sarria, 2 de outubro de 2003.
José Antonio García López
Alcalde

