Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO de contratación do servicio de limpeza de edificios provinciais para o ano 2004.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación do servicio de limpeza de edificios provinciais para o ano 2004, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuítamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Oruense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 3 de outubro de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense