1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para o control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas no Programa Operativo Local, anualidade 2003, adicional 1, que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan no anexo.
2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo dos oito días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.
4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.
5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 6 de outubro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña
ANEXO
Lugar de execución que se vai dirixir que se vai dirixir provisional definitiva
Denominación obra
Orzamento da obra
Prazo de execución da obra
Clasificación Garantía
Garantía
Adecuación a sistema separativo nas zonas con sistema unitario da rede de saneamento no núcleo urbano (Cee) 5.778 euros Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Abastecemento de auga a Manselle e outros abastecementos e saneamentos (Dodro) 1.899 euros Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Saneamento e abastecemento na Banda-Tarrío e outros (Dodro) 1.994 euros Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Abastecemento de auga potable (Mesía) 4.504 euros Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Abastecemento colectores de saneamento en Bembibre (Val do Dubra) 3.318 euros Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas Non se esixe Non se esixe Non se esixe
Melloras na rede xeral de distribución de auga potable (Oleiros) 2.055 euros Comprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción delas Non se esixe Non se esixe Non se esixe

