De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación 2/2003, publicada no Diario Oficial de Galicia número 120, do 23 de xuño de 2003, resolve-lo devandito concurso e, por proposta da comisión de valoración nomeada para o efecto, designa-los funcionarios que figuran de seguido para cubri-los postos que, así mesmo, se indican:
Posto de traballo: xefe de negociado.
Adscrición: Contabilidade.
Apelidos e nome: Sambad Mato, José Manuel.
DNI: 32444678-V.
O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.
Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en rela
ción co 8.1º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción; sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente por parte dos interesados.
A Coruña, 11 de setembro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

