O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 7 de xuño de 1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:
Concello: Pontevedra.
Parroquia: Salcedo.
Nome do monte: Carballos de Collazo.
Cabida: 6.380 m (superficie alegada na solicitude).
Límites:
Norte: camiño a Matalobos.
Sur: estrada do Carramal ó Carballo do Pazo e propiedades particulares de José Catoira Acuña, Dolores Acuña Montes, Ulpiano Acuña Montes e Manuel Peleteiro Agulla.
Leste: propiedades particulares de Dolores García González, Daniel de la Sota, Francisco Montes Bello, Baltasar Fernández, José Cochón Magariños, Faustino Torres Arca, Diego Janeiro Malvar, Jesús García Arosa, Benito Fernández Malvar, Diego González Malvar, Dolores Pereiro Pintos e Manuela Peleteiro Agulla.
Oeste: propiedades particulares de Manuel González Canda, Indalecio Antelo García e Julián Bahamonde Zapatero.
Ocupacións: Casa da Cultura.
O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.
Pontevedra, 18 de setembro de 2003.
José Antonio López Rodríguez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

