Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de setembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte A Gándara pertencente á parroqia de Nogueira do concello de Meis.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Meis.

Parroquia: Nogueira.

Nome do monte: A Gándara.

Cabida: 1 ha (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: estrada asfaltada que o separa de predios de labradío.

Sur: vía rápida do Salnés VR-G41.

Leste: muro de formigón que o separa da propiedade de José Abal Vidal.

Oeste: camiño de terra.

Servidumes e ocupacións:

Seis edificacións. Neste monte ten lugar a feira quincenal de gando xestionada polo Concello de Meis.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 18 de setembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra