Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso da asistencia técnica para a elaboración dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e da Axenda 21 Local.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: a) Contratación dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e da Axenda 21 Local. b) Duración do contrato: trinta e sete (37) meses. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: fíxase como tipo máximo de licitación a cantidade de 1.117.080 A, IVE incluído (cláusula 3 do PMCAP).

5. Garantías: provisional: 22.341 A. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: os interesados dispoñen da documentación no Servicio de Contratación debendo aboa-la cantidade de 3 A.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite: 27 de novembro de 2003 (cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó de envío deste anuncio ó DOCE). b) Documentación que hai que presentar: cláusula 15 do prego modificado de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello (horario das 9 ás 13 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusula 18 do prego modificado de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación: cláusula 19 do prego modificado de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos: cláusula 29 do prego modificado de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 6 de outubro de 2003.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral