Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 26 de xuño de 2003, adoptou o seguinte acordo:

1. Anula-lo acordo plenario do 10 de abril de 2003 de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Porriño.

2. Aprobar definitivamente o texto refundido completo do Plan Xeral do Ordenación Municipal redactado por Arteplan, S.A. e recollido na documentación seguinte:

Volume 1: estudio do medio rural.

Volume 2: memoria de planeamento.

Volume 3: normativa.

Volume 4: estudio económico-financeiro.

Volume 5: inventario do patrimonio cultural.

Volume 6: planos.

Volume informe ás alegacións recibidas.

2. Resolve-las alegacións formuladas por persoas físicas e xurídicas durante o período de información pública, polos pronunciamentos e motivacións xurídico-legais que se expresan no tomo informe ás alegacións presentadas, e demais informes incorporados ó expediente.

3. Dar cumprimento ó disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, publicando o acordo de aprobación definitiva no DOG, e a normativa e ordenanzas no BOP.

Dar traslado á COTOPV dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado con tódolos planos que integran o plan xeral, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Este acordo esgota a vía administrativa e contra este plan poderá interpor directamente quen se considere lexitimado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, tamén poderá interporse calquera outro recurso que o interesado considere procedente, consonte dereito.

De conformidade co disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e artigo 92.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, a normativa e as ordenanzas deste Plan Xeral de Ordenación Municipal publicaranse no BOP en non entrarán en vigor ata que transcorra o prazo de 15 días sinalado pola citada lexislación.

A documentación correspondente á aprobación definitiva remitiuse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o xoves 11 de setembro de 2003, con rexistro de saída nº 4360.

O Porriño, 18 de setembro de 2003.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde