Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.120

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 6 de outubro de 2003 polo que se convocan bolsas para a concesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo do ano 2004 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións da Unión Europea.

A Fundación Galicia Europa convoca cinco bolsas para financiar a estadía non remunerada en institucións comunitarias ó longo do ano 2004 de licenciados ou titulados superiores que realizasen os seus estudios nalgunha das universidades galegas.

1. Requisitos:

1. Posuí-lo compromiso escrito da correspondente institución no que se acepte a solicitude do candidato para a realización dunha estadía non remunerada.

2. Acredita-lo coñecemento de unha lingua comunitaria de traballo, ademais do castelán e do galego.

3. Ter nado despois do 31-12-1973.

4. Ter empadroamento en Galicia desde antes do 31-12-2001.

5. Posuí-la nacionalidade dalgún dos estados membros da Unión Europea.

2. Selección:

A Fundación Galicia Europa efectuará a selección dos peticionarios, en función dos méritos acreditados entre aqueles que sexan admitidos polas correspon

dentes institucións tendo en conta os intereses de Galicia.

A resolución destas bolsas realizarase de xeito inmediato segundo a orde de recepción das solicitudes ata esgota-lo crédito orzado.

3. Duración:

O financiamento da bolsa será ata un máximo de cinco meses de duración por estadía.

4. Contía:

A contía da bolsa será de 900 euros por mes para aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros serán por conta dos candidatos.

5. Remanentes:

No suposto de que despois da adxudicación das cinco bolsas resulte un remanente como consecuencia de non esgotarse o orzamento previsto, este podería utilizarse para financiar mensualidades adicionais a favor daqueles que obtiveran unha bolsa desta modalidade, sempre e cando o seu desfrute fose menor ó período máximo de financiamento por estadía, ou a favor de novos solicitantes.

Aquelas persoas que superasen o procedemento de preselección para realizar un período de prácticas na comisión europea, é dicir, que se atopen inscritos no libro azul virtual e non fosen seleccionados finalmente, poderán solicitar bolsas de dous meses nas oficinas da Fundación Galicia Europa ou nalgún dos puntos da Rede de Información da Unión Europea

en Galicia, sempre e cando o remanente non fose esgotado cos supostos anteriores.

No suposto de non terse concedidas tódalas axudas, o remanente orzamentario existente podería ser incorporado a calquera das modalidades do programa de actuacións que, con carácter xeral, convoca a Fundación Galicia Europa.

6. Prazo e forma de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de outubro de 2004.

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículum vitae e copias do expediente académico, e da restante documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse ou dirixirse por correo certificado con xustificante de recepción á Fundación Galicia Europa, Rúa dos Feáns, 3-5 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Poderá solicitarse información adicional de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, polos seguintes medios:

-Teléfono: 981 54 10 12.

-Fax: 981 54 10 13.

-Correo electrónico: santiago*fundaciongaliciaeuropa.org

-Páxina web: http://www.fundaciongaliciaeuropa.org

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia Europa