A Fundación Galicia Europa convoca sete bolsas para a realización de estudios de integración europea durante o curso académico 2004-2005 nos seguintes centros:
-Colexio de Europa (Bruxes ou Natolín).
-Instituto de Estudios Europeos de Florencia (IUE).
-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas (ULB).
-Universidade Católica de Lovaina (UCL -KUL).
1. Requisitos:
1. Ter realizados estudios universitarios completos de segundo ciclo, cursados en centros universitarios galegos.
Non obstante, poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que, atopándose no último ano de carreira, poidan acreditar con anterioridade á aceptación dela, estar en posesión do título que os capacite para isto.
2. Dispor dun bo expediente académico. A súa avaliación será realizada polo centro universitario elixido polo candidato, sen prexuízo da súa consideración pola fundación en caso necesario.
3. Domina-la lingua ou linguas de traballo do centro que escolla o candidato.
4. Ter nado despois do 31-12-1973 para aqueles candidatos que opten ó Colexio de Europa, Universidade Libre de Bruxelas e Universidade Católica de Lovaina; ou despois do 31-12-1968 para os candidatos ó Instituto de Estudios Europeos de Florencia.
5. Ter empadroamento en Galicia desde antes do 31-12-2001.
6. Posuí-la nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
2. Importe e aboamento das bolsas:
As bolsas dotaranse coas seguintes contías brutas, suxeitas ás retencións fiscais determinadas pola normativa fiscal de aplicación:
-Colexio de Europa: 20.750 euros.
-Insituto de Estudios Europeos de Florencia: 17.400 euros.
-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas e Universidade Católica de Lovaina: 12.020 euros.
Estas contías satisfaranse por bolsa completa en un único aboamento antes do comezo do curso, en concepto de gastos de matrícula, se é o caso, desprazamentos e varios, e realizarase mediante transferencia bancaria á conta domiciliada en Galicia que indique o bolseiro.
No suposto de non terse concedidas tódalas axudas, o remanente orzamentario existente podería ser incorporado a cualquera das modalidades do programa de actuacións que, con carácter xeral, convoca a Fundación Galicia Europa.
3. Información e presentación de solicitudes:
a) Colexio de Europa: para solicita-la bolsa en calquera dos centros do Colexio de Europa, deberase remitir simultaneamente á fundación e ó propio colexio o formulario do centro debidamente cuberto e acompañado da documentación correspondente, obtido a través da páxina web do Colexio de Europa: http//www.coleurop.be e seguindo as instruccións indicadas nesa mesma páxina.
Na solicitude remitida á Fundación Galicia Europa deberá xuntarse ademais, a solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I e a documentación
acreditativa do cumprimento dos requisitos especificados na presente convocatoria.
b) Instituto de Estudios Europeos de Florencia: para solicita-la bolsa no master de estudios de dereito (LL.M) do IUE de Florencia, os interesados deben remitirse á páxina web do Instituto: http//www.iue.it onde figuran os formularios de solicitude e a documentación que deba xunto co dito formulario (incluído un proxecto de investigación).
Esta documentación debe enviarse simultaneamente á Fundación Galicia Europa e ó IUE de Florencia seguindo as instruccións indicadas na páxina web.
Na solicitude remitida á Fundación Galicia Europa, deberá acompañarse ademais, a solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I e a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos especificados na presente convocatoria.
c) Universidade Libre de Bruxelas e Universidade Católica de Lovaina: os candidatos que opten a un destes centros deberán proceder da seguinte maneira:
Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículum vitae, copia do expediente académico e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos e méritos alegados.
Para maior axilidade na resolución destas bolsas, será obrigatorio que, de maneira simultánea, os candidatos soliciten a bolsa á Fundación Galicia Europa e realicen a preinscrición no centro desexado, debendo presentar copia do formulario de petición coa solicitude de bolsa. De non ser así, a proposta será rexeitada.
As solicitudes deberán presentarse ou remitirse por correo certificado con xustificante de recepción á Fundación Galicia Europa, Rúa dos Feáns, 3-5 baixo, 15706 Santiago de Compostela.
Poderá solicitarse información adicional de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, polos seguintes medios:
-Teléfono: 981 54 10 12.
-Fax: 981 54 10 13.
-Correo electrónico: santiago*fundaciongaliciaeuropa.org
- Páxina web: http://www.fundaciongaliciaeuropa.org
4. Data límite de presentación das solicitudes:
a) Colexio de Europa: 25 de xaneiro de 2004.
b) Instituto de Estudios Europeos de Florencia: 15 de xaneiro de 2004.
c) Universidade Libre de Bruxelas e Universidade Católica de Lovaina: 1 de abril de 2004.
5. Selección:
Dependendo do centro elixido, o proceso de selección será diferente:
a) Colexio de Europa.
A selección realizarase conxuntamente pola Fundación Galicia Europa e o Colexio de Europa, de acordo cos criterios establecidos polo centro contidos na súa páxina web e atendendo os requisitos esixidos na convocatoria da Fundación Galicia Europa.
b) Instituto de Estudios Europeos de Florencia: a selección realizarase conxuntamente polo IUE de Florencia e a Fundación Galicia Europa, de acordo cos criterios establecidos polo propio instituto contidos na súa páxina web e atendendo os requisitos esixidos na convocatoria da Fundación Galicia Europa.
c) Universidade Libre de Bruxelas e Universidade Católica de Lovaina.
No suposto caso de aceptación por algún dos centros, os interesados deberanlle remitir inmediatamente á Fundación Galicia Europa a comunicación positiva, así como informa-la fundación no suposto de obter unha admisión condicionada (baixo reserva).
Se o número de admitidos excedese o de bolsas convocadas, a fundación realizará unha selección
entre os candidatos atendendo os méritos acreditados e de acordo co seguinte baremo:
-Expediente académico: ata 4 puntos.
-Tese de doutoramento sobre temas europeos: ata 2 puntos.
-Prácticas en institucións comunitarias ou na Fundación Galicia Europa: 0,10 puntos por mes ata 1 punto máximo.
-Mestrados universitarios ou cursos de doutoramento sobre asuntos de integración europea: ata 1 punto.
-Idiomas: ata 2 puntos.
O procedemento de selección rematará no momento no que as confirmacións de admisión de tódolos candidatos se reciban, procedendo á resolución de adxudicación das bolsas. Estas distribuiranse entre os distintos centros en función das admisións e seleccións efectuadas pola Fundación Galicia Europa. Non obstante, no suposto de non se recibir tódalas admisións con anterioridade ó 1 de setembro de 2004, esta será a data límite para a resolución de adxudicación das bolsas.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.
Jaime Pita Varela
Secretario xeral da Fundación Galicia Europa.

