Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.124

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 6 de outubro de 2003 polo que se convocan bolsas para a realización de estadías na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, dirixidas ó persoal ó servicio das entidades membros e asociados do seu padroado.

A Fundación Galicia Europa convoca seis bolsas para a realización de estadías que se van desenvolver na súa oficina en Bruxelas a partir do mes de xaneiro do vindeiro ano 2004, dirixidas ó persoal ó servicio das entidades membros e asociados desta institución.

A finalidade que se persegue é a de que, contando coa colaboración do persoal da fundación destinado en Bruxelas e dos contactos que a través deste se poidan establecer coas institucións comunitarias, as persoas seleccionadas afonden no coñecemento dos temas comunitarios que sexan de interese para as entidades das que dependan.

1. Características da convocatoria:

A duración de cada unha das estadías realizadas segundo este réxime non poderá ser superior a sete días.

Os seis períodos de prácticas concedidos realizaranse ó longo do ano 2004, segundo o calendario que a Fundación Galicia Europa estableza, co obxecto de que non concorran máis de dous interesados durante o mesmo período.

A Fundación Galicia Europa financiará os gastos de viaxe, aloxamento e manutención, ata un límite de 1.200 euros, que se lle reintegrarán ó beneficiario despois da presentación da memoria do traballo realizado.

2. Requisitos dos beneficiarios:

-Formar parte do cadro de persoal dalgunha das entidades membros e asociados do Padroado da Fundación Galicia Europa (Xunta de Galicia, Banco

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Cousas, rúa Blanco Porto, 1

Papelería Cositas, San Antoniño, 11-13

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na Xunta de Galicia: edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza Maior, 14.

EN OURENSE:EN VIGO:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.Na librería Josefa Villar, S.L., rúa Policarpo Sanz, 19.

Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, cámaras de Comercio galegas, deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense).

-Ter completados estudios universitarios.

-Acreditar un coñecemento profundo de inglés ou de francés.

3. Prazo e presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de xaneiro de 2004.

As persoas interesadas deberán dirixir un escrito de solicitude ó director da Fundación Galicia Europa, presentándoo no rexistro ou ben remitíndoo por correo certificado con aviso de recepción á sede da Fundación Galicia Europa, sita na rúa dos Feáns nº 3-5 baixo, 15706, Santiago de Compostela.

A esta solicitude xuntaráselle curriculum vitae, fotografía tamaño carné e documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria e méritos alegados, así como unha memoria explicativa na que se faga consta-lo motivo polo que interesa a estadía e o obxecto do traballo que se vai realizar, con indicación das datas preferentes para a súa realización.

Así mesmo, deberá achegarse autorización asinada polo xefe de persoal ou superior competente da entidade membro de que dependa o interesado.

Para a concesión das bolsas daráselles preferencia a aqueles candidatos que se ocupen de funcións que demanden unha ampliación de coñecementos en relación con temas comunitarios e que acrediten estudios ou traballos realizados neste sentido.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia Europa