Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.250

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (637/2002).

Dolores Vilar Hortas, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón.

Fago saber que na peza separada de declaración de herdeiros ab intestato, dimanante do procedemento de prevención de ab intestato de oficio, seguido neste xulgado co número 637/2002, promovida por Asunción Moreira Parga, polo falecemento sen testar de Dolores Moreira Parga, acordouse por resolución desta data, chamar os que se crean con dereito á súa herdanza para que comparezan no xulgado a reclamala dentro de trinta días contados desde

a publicación deste edicto, acreditando o seu grao de parentesco co causante, baixo apercibimento de que, de non verificalo, recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Dado en Padrón o trece de agosto de dous mil tres.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado