Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.250

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (7/2002).

En Padrón o dezasete de setembro de dous mil tres, no procedemento de referencia dictouse a resolución que no seu texto literal é o seguinte:

«Sentencia 209/2002.

Procedemento: ordinario 7/2002.

En Padrón o vinte de decembro de dous mil dous.

Vistos por min María de los Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 7/2002, por instancia de Alfonso Santiago del Oro Ruzo e María del Carmen del Oro Lajos representados polo procurador José Paz Montero e asistidos do letrado Julio López Regueiro contra Eladino Ramón Fernández Vázquez, Castromil, S.A. e a compañía Axa Aurora Ibérica, S.A. en rebeldía, sobre accidente de tráfico e nos que se dictou a sentencia de acordo cos seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido estima-la demanda promovida polo procurador José Paz Montero en nome e representación de Alfonso Santiago del Oro Ruzo e María del Carmen del Oro Lajos contra Eladino Ramón Fernández Vázquez, Castromil, S.A. e Axa Aurora Ibérica, S.A. en rebeldía, e condenalos solidariamente a que lle aboen a María del Carmen del Oro Lajos a cantidade de 1.379,61 euros e a Alfonso Santiago del Oro Ruzo 4.952,26 euros, mailos xuros legais do artigo 20 da LCS respecto á compañía aseguradora, así como ó pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña que se preparará perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia ó demandado rebelde Eladio Fernández Vázquez, expido este edicto en Padrón o dezasete de setembro de dous mil tres.

Rubricado