Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (74/2003).

En Padrón o vinteún de xullo de dous mil tres.

No procedemento referenciado dictouse a resolución co texto literal seguinte:

«Sentencia: 00073/2003.

Sentencia.

En Padrón o 25 de xuño de 2003.

Vistos por min, Elena Pérez Pérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, estes autos de xuízo verbal de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 74/2003, por instancia de Gisela Paulino Echevarría, representada pola procuradora dos tribunais, Josefina Álvarez Candeira, e asistida pola letrada María José Escurís Reinoso, contra Jesús José Iglesias Barrio, que foi declarado en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Vistos os artigos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que, estimando a demanda interposta por instancia de Gisela Paulino Echevarría, representada pola procuradora dos tribunais Josefina Álvarez Candeira, contra Jesús José Iglesias Barrio, que foi declarado en rebeldía, debo decretar e decreto a disolución do matrimonio formado polas partes, por concorrer causa de divorcio, con tódolos efectos legais inherentes á dita declaración, todo iso sen realizar expresa condena nas custas causadas nesta instancia.

Firme que sexa esta sentencia, expedirase testemuño dela ó encargado do Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes, para os efectos de practica-la oportuna inscrición.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Lévese o orixinal ó libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Jesús José Iglesias Barrio, expido este edicto en Padrón o vinteseis de setembro de dous mil tres.

Rubricado