Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (52/1999).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que na exe

cutoria de faltas 52/1999 se dictou este auto, que na súa parte dispositiva di:

Parte dispositiva

Dispoño que procede declarar a José M. Gago Baleirón insolvente penal na causa de que procede esta executoria, substituíndo a pena de 21 días de multa con cota de 1.000 pesetas, pola pena de 10 días de privación de liberdade, que se cumprirán en establecemento penitenciario.

Requírase o condenado para que de forma inmediata manifeste se opta polo cumprimento da pena de 10 días de arresto continuado ou se solicita que esta sexa substituída pola de arrestos de fins de semana, entendéndose que, no caso de non formular manifestacións, se procederá ó cumprimento da pena de arresto continuado.

Transfírase a cantidade ingresada ó Tesouro Público.

Fágaselle saber que se poderá liberar da pena substitutiva imposta mediante o ingreso no prazo dun día da cantidade obxecto de execución na conta aberta a favor do Tesouro Público no Banesto 1575-0000-78-0052/99.

E para que conste e lle sirva de notificación e requirimento a José María Gago Baleirón, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o 29 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado