Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (147/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 147/2003, por instancia de Vanessa Lopes Cabral contra a empresa Bevajeny, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia, en data do 25 de setembro que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Vanessa Lopes Cabral, contra a empresa Bevajeny, S.L., condeno a esta a aboarlle-la cantidade de 2.114,91 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte ó da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta corrente de consignacións código 5604.0000.60.147/2003 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros, en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bevajeny, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 29 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado