En cumprimento do disposto no artigo 13.5º del Decreto 80/2000, do 20 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de setembro de 2003, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Carballeira.
Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do plan eólico de Galicia, o planeamento dos concellos de Xermade e As Pontes de García Rodríguez, queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

