Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse por Hidroeléctrica de Lumymey, S.L. a petición de modificación das características da concesión dun aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Furelos.
A dita petición, xunto co proxecto técnico e o estudio de efectos ambientais, foi sometida á información pública mediante Resolución do 22 de maio de 2001 publicada no DOG nº 134 do 11 de xuño e no BOP da Coruña nº 135, do 14 de xullo, permanecendo exposta a documentación técnica e ambiental nas dependencias de Augas de Galicia, na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no Concello de Santiso e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña.
Constatándose que un dos elementos deste proxecto, en concreto o azude, se atopa no límite entre os concellos de Santiso e Melide e que, polo tanto, este último concello pode verse afectado polas obras, procédese mediante esta resolución e de acordo co sinalado no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia e no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, a some
ter a información pública no Concello de Melide (praza do Convento, 7, Melide, A Coruña) a petición, o proxecto técnico e mailo estudio de efectos ambientais que permanecerán expostos ó público no dito concello durante o prazo de vinte (20) días hábiles durante o que calquera interesado poderá presentar cantas alegacións considere pertinentes. O dito prazo comenzará a computar a partir do día seguinte ó da última das publicacións que desta resolución corresponde efectuar no BOP da Coruña e no DOG.
Santiago de Compostela, 13 de outubro do 2003.
P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)
Emilio García Gallego
Director xeral do organismo autónomo Augas
de Galicia

