Con data do 16 de outubro de 2003, o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia dictou resolución sancionadora no expediente DH.D15.16069, pola que se declara a Esperanza Mª Carmen Vázquez Rodríguez responsable da comisión de dúas infraccións administrativas tipificadas nos artigos 116 g) TRLA, (antigo artigo 108 LA), cualificadas como leves polo artigo 315 i) e j) RDPH. Impónselle unha sanción de multa de tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06 A).
Sinálaselle á infractora o prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte da notificación da resolución para repoñe-las cousas ó seu estado primitivo de acordo co artigo 323 RDPH. Advírtese da posibilidade de proceder á aplicación de multas coercitivas nos termos previstos nos artigos 119 TRLA (antigo artigo 111 LA) e 324 RDPH en relación co artigo 99 LRXPAC.
Intentada sen éxito a entrega da notificación da devandita resolución no domicilio que consta no expediente, esta non foi recibida pola interesada. Polo tanto e de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a devandita resolución á interesada, facendolle saber que unha copia dela xunto co impreso para o pagamento da sanción imposta se atopa ó seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Baliño, 7-9 Santiago de Compostela), e que contra ela poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG; e que no caso de non paga-la sanción sen interposición do recurso, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2003.
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servicio de Tramitación Técnico-Administrativa

