Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 5/2003 que se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente e tela alugada, causa prevista nos artigo 5.C e 6.F da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
As ditas infraccións o instructor do expediente propón a sanción de multa de 3.606,09 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.
Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ó interesado e concédallese un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e as informacións que coide pertinentes. Esta proposta non é susceptible de recurso.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado do enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de setembro de 2003.
Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 5/2003.
Pedro J. Orozco Conles.
Fernando VI, bloque 3 portal 1-5º dta.
Ferrol.
Sanción: 3.606,09 euros.

