Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de setembro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 31/2003.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 31/2003 que se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructor e secretaria do expediente a Sebastián Martínez-Risco Alonso e Carmen Pombo Chans, e concédenselle ó interesado quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para face-las alegacións que crea oportunas no seu descargo e, se é o caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de setembro do 2003.

Mª Rosa Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 31/2003.

Elena Saavedra Vázquez.

Praza Alcaldesa Berta Tapia.

Portal 4-2º esquda. (Labañou).

A Coruña.