Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración e instalación de equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da sub-

ministración e instalación de equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) (CP 13/03).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 13/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) División por lotes e número:

Lote 1: ordenadores de usuario.

Lote 2: servidores en rack.

c) Lugar de execución: oficinas do Igape, segundo necesidades do Igape.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e a expiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 79.000 A (setenta e nove mil euros) imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: ordenadores de usuario, 42.000.

Lote 2: servidores, 37.000.

5. Garantía provisional: 840 A para o lote 1 e 740 A para o lote 2.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e experiencia da licitante (lote 1) e experiencia mínima dun ano en instalación de sistemas informáticos dos membros do equipo técnico (lote 2), o que se acreditará polos medios establecidos na cláusula 4.2.A do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14.00 horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 10.30.

10. Gastos de anuncios: 1.300 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. No caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica