Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de xefe de Sección de Coordinación Administrativa.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión que tivo lugar o 7 de agosto de 2003, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición (promoción interna), dunha praza de xefe de Sección de Coordinación Administrativa.

No BOP nº 199, do 30 de agosto de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncio do concello.

Culleredo, 9 de setembro de 2003.

P.D. (Resolución alcaldía 18-6-2003,

BOP do 19 de xullo)

Alicia Ferreiro Varela

Cuarta tenente de alcalde