O Concello de Lalín en data do 21 de agosto de 2003 subscribiu os seguintes convenios urbanísticos:
«Coa empresa Sinergías Dezanas, S.A., en data do 25 de agosto de 2003 con Carmen Rielo Diéguez e en data de 20 de setembro de 2003 coa comunidade hereditaria de Amancio Moure Carrero, todos eles de planeamento na zona de Lalín de Arriba, deste Concello de Lalín».
De conformidade co disposto no artigo 236 e 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que durante o prazo de vinte días poida ser examinado e presentar, se é o caso, as alegacións e reclamacións contra el que, se é o caso, procedan, neste Concello de Lalín, en horario de secretaría de luns a venres de 8.00 a 15.00 e sábados de 9.00 a 13.00 horas. Este anuncio publicarase tamén en dous xornais da prensa provincial.
Lalín, 15 de outubro de 2003.
Xosé Crespo Iglesias
Alcalde presidente

