Por resolución do presidente do Consello de Administración nº 522/2003, do 11 de setembro, aprobouse o expediente administrativo, por medio de concurso con procedemento aberto, para a contratación do servicio de control, vixilancia e limpeza de instalacións deportivas municipais e a apertura do procedemento de adxudicación, de acordo coas seguintes condicións:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención delegada.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: contratación de prestación dos servicios de control, vixilancia e limpeza de instalacións deportivas municipais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 108.000 A por ano de contrato.
5. Garantías.
Provisional: 2.160 A.
Definitiva: 4% do orzamento do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Fundación Municipal de Cultura do Concello.
Enderezo: r/ Camilo Díaz Baliño, s/n.
Localidade e código postal: 15173 Oleiros.
Teléfono: 981 61 00 00.
Fax: 981 63 18 25.
Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio, xa sexa no BOP ou no DOG, rematando ás 13.00 horas.
Documentación que hai que presentar: a establecida no artigo VIII do prego de cláusulas.
Lugar de presentación: Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros. Rúa Camilo Díaz Baliño, s/n, 15173 Oleiros. Concello de Oleiros. Praza de Galicia, 1, 15173 Oleiros.
Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.
8. Apertura de ofertas.
Entidade: Concello de Oleiros.
Enderezo: praza de Galicia, 1.
Localidade: Oleiros.
Data: o segundo día hábil seguinte ó que remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, efectuarase o luns seguinte.
Hora: 10.00 horas.
9. Gastos de anuncios.
Serán de conta do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios en diarios oficiais.
Oleiros, 12 de setembro de 2003.
Fernando A. Pico Eiroa
Presidente do Consello de Administración

