A Comisión de Goberno deste concello, na sesión ordinaria do 10 de outubro de 2003, aprobou o expediente de contratación e o prego de condicións eco
nómico-administrativas que rexerá o concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da subministración dos materiais para a construcción do tanatorio municipal, que expón ó público polo prazo dos oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente, anúnciase o concurso para a presentación de propostas. A licitación poderase aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Rairiz de Veiga.
2. Obxecto do contrato: subministración de materiais para a execución da construcción do tanatorio municipal.
3. Tramitación: urxente. Procedemento de adxudicación: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Tipo máximo de licitación: 43.299,95 A.
5. Garantía provisional: 866 A. Garantía definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello. Praza do Concello, nº 1. 32652 Rairiz de Veiga. Teléfono: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55.
Data límite: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos do contratista: os establecidos no punto 4 do prego de cláusulas administrativas.
8. Pesentación de ofertas. Prazo: oito días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, se ese día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Rairiz de Veiga, situado na Praza do Concello, nº 1 de Rairiz de Veiga (Ourense). CP: 32642, das 9.00 ás 14.00 horas.
9. Apertura de ofertas: terá lugar ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (se o devandito día coincide en sábado a apertura terá lugar o seguinte día hábil) no salón de plenos deste concello.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 300 A.
Rairiz de Veiga, 16 de outubro de 2003.
Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio
Alcalde

