Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o 1 de outubro de 2003, convócase a seguinte licitación para a adxudicación

da xestión do servicio de cafetería do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade de Sarria, mediante concurso, polo procedemento aberto e o trámite de urxencia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación do servicio de cafetería do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade de Sarria.

b) División por lotes: non.

c) Prazo de duración: 1 ano prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon para satisfacer ó concello.

Importe mínimo anual: 180,30 euros.

5. Garantías.

Provisional: 12,02 euros.

Definitiva: 3.005,06 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Sarria.

Domicilio: Rúa Maior, 14.

Localidade e código postal: 27600 Sarria.

Teléfono: 982 53 50 00.

Fax: 982 53 09 16.

7. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación de proposicións: oito (8) días naturais, contados a partir do día seguinte á derradeira publicación da licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, Rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

9. Apertura das ofertas: o cuarto día hábil seguinte ó da celebración do acto de cualificación da documentación que se celebrará á súa vez o día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás doce horas, na casa do concello, Rúa Maior 14.

10. Gastos de anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 16 de outubro de 2003.

José Antonio García López

Alcalde