Expediente 3/2003 de modificación de estudio de detalle:
Promotor: Construcciones Rías Gallegas, S.A.
Representada por César Augusto Guerrero Isequilla.
Lugar: A Saíña, da parroquia de Valdoviño.
Aprobada inicialmente pola Comisión de Goberno na sesión do día 29 de agosto de 2003, a modificación do estudio de detalle da parcela situada no lugar da Saíña da parroquia de Valdoviño, promovido por Construcciones Rías Gallegas, S.A., representada por César Augusto Guerrero Isequilla, de acordo coa documentación técnica redactada polo arquitecto Xosé Lois Martínez Suárez e en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse a información pública durante o prazo de 20 días, co fin de que todas aquelas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas en defensa dos seus intereses a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Valdoviño, 23 setembro de 2003.
Concepción Sanesteban Raposo
Alcaldesa

