Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de expropiación por taxación conxunta de catro predios para a execución dos accesos do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (expediente 170/413).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 29 de setembro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Procédase á exposición ó público, polo prazo dun mes, do expediente expropiatorio dos predios afectados pola execución dos accesos do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (expediente nº 170/413), mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Segundo.-Así mesmo, notifíquense individualmente as taxacións ós que aparecen como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Terceiro.-Advírtase ós que aparecen como titulares de bens ou dereitos no expediente que para o caso de que a expropiación implique só a necesidade de ocupación dunha parte do correspondente predio e considere o seu titular antieconómica a conservación da parte non expropiada, poderá este solicitar da Administración que a dita expropiación comprenda a totalidade do predio, debendo formularse tal solicitude no mesmo trámite de información pública e audiencia que o presente acordo ordena abrir.

Cuarto.-Igualmente, advírtase ós interesados que o expediente de expropiación, que por este acordo se inicia, non obsta, de conformidade co artigo 24LEF, a adquisición pola beneficiaria dela dos predios obxecto da expropiación por avinza cos seus respectivos propietarios, caso no cal, convidos os termos da adquisición amigable, en calquera estado da tramitación do expediente de expropiación, darase por concluído o expediente iniciado».

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio, ata transcorrido un mes desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 15 de outubro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Concelleiro de Urbanismo