A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación, por concurso aberto e tramitación urxente, da obra de acondicionamento das aulas de música-Edificio de Usos Múltiples (Auditorio), de conformidad co proxecto redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla. Para o efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións
e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:
Entidade adxudicadora: Concello de Vila de Cruces. Praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra). Tlfo.: 986 58 20 17. Fax: 986 58 24 92.
Obxecto: obra de acondicionamento das aulas de música-Edificio Usus Múltiples (Auditorio). Tipo de licitación: é o seguinte: 69.719,90 euros.
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.
Garantías: a provisional establécese no 2% do orzamento. A definitiva será igual ó 4% do importe da adxudicación.
Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9.00 a 13.00 horas, na forma establecida no prego de condicións e durante o prazo de tres (13) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
Apertura de plicas: terán lugar ás 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Vila de Cruces, 22 de setembro de 2003.
Jesús Otero Varela
Alcalde presidente

