Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP nº 245, do 25 de outubro de 2002, publícase a resolución da Presidencia do 24 de setembro de 2002, pola que se aproban e rectifican as bases xerais da convocatoria das prazas contidas nas ofertas públicas de emprego para 2001 e 2002 da Deputación Provincial da Coruña, entre as que se encontra a que a seguir se indica:

* Funcionarios de carreira.

Grupo (artigo 25 da Lei 30/1984): A. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: unha (1). Denominación: médico especialista en medicina do traballo/diplomado en medicina de empresa.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE. Os sucesivos anuncios desta convocatoria só se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios da deputación provincial.

A Coruña, 6 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña