Non sendo atopados enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación cos seus expedientes sancionadores informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun (1) mes de
prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro)
Exp. nº: 399/2003.
Acta nº: 531/2003.
Titular: Diecon 98, S.L.
NIF/DNI: B-15629033.
Enderezo: Louro (Muros).
Materia: seguridade e hixiene.
Data res.: 24-9-2003.
Resolución: sanción por importe de 5.000 A.
Feitos: visitada a obra de construcción sita en Virxe do Camiño, s/n (Muros), comprobouse que se trataba dunha remodelación dunha vivenda xa construída, e que o accidente que nela tivo lugar foi debido á falta de resistencia dos elementos de soporte do tellado.
Vulnéranse o art. 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000; anexo IV parte C, 11.b), c) do Real decreto 1267/1995.
Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º b) e 39.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, valorándose, para gradua-la sanción a perigosidade da actividade desenvolvida pola empresa e a gravidade dos danos que se poideran producir pola falta de medidas de seguridade.
Exp. nº: 407/2003.
Acta nº: 473/2003.
Titular: Candaira Coruña I.V.R., S.L.
NIF/DNI: B-15582844.
Enderezo: La Hermita, nº 2, polígono A Grela-Bens, (A Coruña).
Materia: seguridade e hixiene.
Data res.: 24-9-2003.
Resolución: sanción por importe de 300 A.
Feitos: visitada a obra de construcción sita en travesía Sta. Catalina, nº 5-7 e 9 (A Coruña), comprobouse que carecía de servicios hixiénicos e vestiarios para uso dos traballadores que prestaban servicios nela.
Vulnéranse o anexo IV parte A, 15 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.
Tipificación: falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 11.4º e 39.3º d) e 40.2º a), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en atención ó número de traballadores afectados.
Exp. nº: 470/2003.
Acta nº: 552/2003.
Titular: Confecciones Astrugal, S.L.
NIF/DNI: B-15826472.
Enderezo: rúa Paraguay, 3-1º, Meicende (Arteixo).
Materia: traballo.
Data res.: 26-9-2003.
Resolución: sanción por importe de 3.006 A.
Feitos: visitado o centro de traballo da referencia, constatouse que cesou na súa actividade con data do 28-2-2003, e que as traballadoras causaron baixa na Seguridade Social tamén con esa data. A empresa non solicitou á autoridade laboral competente autorización para proceder ó despedimento colectivo, conforme o procedemento de regulación de emprego.
Vulnéranse os arts. 51 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co Real decreto 43/1996, do 19 de xaneiro.
Tipificación: falta moi grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos arts. 8.3º e 39.1º e 3º e 40.1º c), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
A Coruña, 13 de outubro de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial de Coruña

