Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO polo que se fai público o nomeamento de diversos funcionarios.

De conformidade co disposto no artigo 17, en relación co punto 1º, ámbolos dous do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, aplicable á Administración local de Galicia, en virtude de remisión efectuada polo artigo 134.2º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e a teor do prescrito polo artigo 3.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública dde Galicia, faise público que, unha vez superados os correspondentes procesos selectivos, por resolucións da alcaldía, de datas que, en cada caso, se indican, foron nomeados funcionarios de carreira do Concello das Pontes de García Rodríguez os seguintes aspirantes, declarados aprobados:

-Por decreto da alcaldía con data do 15-5-2001, foi nomeado arquiveiro (escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo C) Manuel Souto López, con DNI nº 76409930-C.

-Por decreto da alcaldía con data do 28-5-2001, foi nomeado administrativo (escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C) Juan Manuel Díaz Freire, con DNI nº 32619043-Y.

-Por decreto da alcaldía con data do 26-6-2001, foi nomeado xestor da área económica (escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo B) Carlos Alberto Domínguez Adega, con DNI nº 76409308-L.

-Por decreto da alcaldía con data do 31-10-2002, foi nomeada auxiliar administrativo (escala de Administración xeral, grupo D), Mercedes Torres de la Fuente, con DNI nº 76406664-C.

-Por decreto da alcaldía con data do 31-10-2002, foi nomeado alguacil-porteiro (escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo D), José Fernández Romero, con DNI nº 32612959-V.

-Por decreto da alcaldía con data do 30-11-2002, foi nomeado, técnico medio en dereito (escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo B), José Manuel Cabarcos Anca, con DNI nº 76399420-K.

-Por decreto da alcaldía con data do 11-12-2002, foi nomeado encargado (escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, grupo C), Luis Losada Pérez, con DNI nº 34243696-P.

-Por decreto da alcaldía con data do 30-12-2002, foron nomeados funcionarios, coa categoría de operario (escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, grupo E):

José Cabaleiro Franco, con DNI nº 76410444-M.

José Ramón Domínguez Fernández, con DNI nº 76411253-D.

José Ángel González Prieto, con DNI nº 76412493-F.

Juan Carlos Porto López, con DNI nº 76410467-M.

-Por decreto da alcaldía con data do 1-3-2003, foi nomeada técnica de xestión tributaria e recadación (escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo B), Julia Guerreiro Rodríguez, con DNI nº 76410015-J.

-Por decreto da Alcaldía con data do 7-4-2003, foi nomeado sarxento da polícia local (escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, grupo C), José Antonio Cendán Dopico, con DNI nº 76402391-W.

O que se fai público para os oportunos efectos legais e regulamentarios.

As Pontes de García Rodríguez, 15 de setembro de 2003.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente