Advertido un erro no prego de cláusulas administrativas particulares, relacionadas coa resolución publicada no DOG nº 191, do xoves 2 de outubro, e relativo ó concurso de subministración de lentes e viscoelásticos, de referencia C. 12/2003, cómpre face-la seguinte corrección:
No citado prego de cláusulas administrativas particulares, en concreto na folla de especificacións técnicas poñía:
Nº de orde 4, código interno ID0101 «Viscoelástico para a cirurxía oftalmolóxica cohesivo, hialuronato sódico, etc...», cando debería poñer: «Viscoelástico para a cirurxía oftalmolóxica de amplo espectro, etc...»;
e poñía:
Nº de orde 5, código interno ID0102 «Viscoelástico para a cirurxía oftalmolóxica de amplo espectro, etc...», cando debería de poñer: «Viscoelástico para a cirurxía oftalmolóxica cohesivo, hialuronato sódico, etc...».
Por isto e ó tratarse dun erro material ou de feito, procede a súa rectificación; publícase nova convocatoria e ábrese novo plazo de presentación de ofertas.
1. Orzamento total: 228.361,60 A.
2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo Marítimo Oza (planta semisoto do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. teléfono: 981 17 80 73, fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es
3. Presentación de proposicions: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados
e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo Marítimo Oza (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
4. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo Marítimo Oza (planta soto do Hotel de Pacientes), a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
A Coruña, 20 de outubro de 2003.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo Marítimo Oza da Coruña

