De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratico común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 2 de outubro de 2003.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-83/060 (expte. desaf.: DO-015/03).
Cta.: 39.
Nome: José Ruibal Couto.
Enderezo: r/ Bélxica, blq. 3, 3º D en Monte Porreiro, Pontevedra.
Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra José Ruibal Couto e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-83/060, cta. 39.
Recursos: contra este acordo, que non é susceptible de recurso, o interesado dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de se-lo caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

