Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de setembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Juan Carlos Rodríguez Monroy o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa acordada no expediente sancionador ES-P-024/2001.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa dictada con data do 28 de febreiro de 2002, polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no procedemento sancionador ES-P-024/2001, na que se resolveu a imposición a Juan Carlos Rodríguez Monroy da sanción de 1.502,53 euros por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/504, cta. 72, que lle foi adxudicada.

De conformidade co establecido nos artigos 95 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, e nos artigos 91 e seguintes do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, requírese para que no prazo de quince días hábiles proceda con carácter voluntario ó ingreso da sanción imposta de mil cincocentos dous euros con cincuenta e tres céntimos (1.502,53 euros), na seguinte conta: Tesouro da facenda galega-conta restrinxida do IGVS. Recadación de multas e sancións nº 2091-0388-3110000897, en Caixa Galicia.

Advírteselle que, de non efectua-lo pagamento no período voluntario, se remitirá á Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda, para a súa exacción pola vía de constrinximento (artigo 95 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 30 de setembro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/504 (expediente sancionador: ES-P-024/2001).

Cta.: 72.

Nome: Juan Carlos Rodríguez Monroy.

Enderezo: polígono de Torneiros, IV fase, blq. 3, nº 8-baixo esq., O Porriño, Pontevedra.

Importe da sanción: 1.502,53 euros.